ALFABETIZACIÓN DIXITAL
A aparición das novas tecnoloxías da información e á comunicación supuxo a creación, en breve espazo de tempo, da telefonía móbil. Con eles apareceron novas linguaxes e novas formas de comunicar,
A alfabetización dixital consiste na aprendizaxe dos coñecementos necesarios para entender e utilizar axeitadamente as tecnoloxías e as linguaxes imprescindibles para vivir na sociedade da información.
Trátase en definitiva de estar capacitado para responder criticamente aos estímulos e esixencias dun ámbito cada vez máis complexo, con gran variedade de fontes, medios de comunicación e servizos.
ASPECTOS POSITIVOS E NEGATIVOS DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓNAs tecnoloxías da información e a comunicación están a influír en todos os aspectos da vida e da organización social. O seu dominio esténdese a todos os campos da actividade humana, como a creación e organización de emprego, a relación entre as persoas, a distribución do poder na sociedade, a forma de adquisición do coñecemento e de percepción da realidade, etc.É evidente que a sociedade da información proporciona múltiples vantaxes facilitando o acceso á información e simplificando un gran número de tarefas que, sen a utilización das novas tecnoloxías, se converterían en tarefas realmente tediosas. Non obstante, é conveniente deterse un momento nos inconvenientes e os prexuízos que o abuso destas tecnoloxías poden levar.
-A importancia da variedade da información
A posibilidade de conseguir máis información favorece o estudo e a investigación, pero o feito de que haxa máis non asegura o éxito, pois é moi difícil separar o bo do que non serve. Pódese ter a sensación de que se está informado de todo e ao instante, e, non obstante, ter unha visión totalmente deformada da realidade.
-Do alfabetismo informático ao analfabetismo verbal.A posibilidade de conseguir máis información favorece o estudo e a investigación, pero o feito de que haxa máis non asegura o éxito, pois é moi difícil separar o bo do que non serve. Pódese ter a sensación de que se está informado de todo e ao instante, e, non obstante, ter unha visión totalmente deformada da realidade.
É unha evidencia, que se vén poñendo de manifesto ano tras ano, que a capacidade de comprensión lectora estase a debilitar de forma xeral, non só porque os mozos len cada vez menos libros, senón porque aumenta a lectura de mensaxes breves e fraccionadas, como os que producen a navegación por internet, os chat ou o correo electrónico. Así a alfabetización informática podería vir acompañada dun crecente analfabetismo verbal, unha maior dificultade en construír frases completas e, polo tanto, dificultades de expresión, con todas as implicacións que iso pode levar consigo.
-Deterioro de algunhas habilidades
Fai séculos, cando os brazos e ás mans comezaron a usarse para agarrar, trepar, tirar obxectos como pedras e frechas, producíronse cambios na estrutura do cerebelo e do sistema nervioso dos seres humanos, que desenvolveron novos patróns de pensamento. Sen embargo, a evidencia dos cambios ou dános ou desenvolvemento cerebral que poden producir ás novas tecnoloxías só estanse facendo patentes anos ou décadas despois do seu uso intensivo. É o caso dos teléfonos móbiles, cuxos posibles danos están a ser documentados unha década despois de iniciarse o seu uso masivo.
internet é unha fonte inesgotable de información, pero é necesario ser capaz de discenir entre a información veraz, da que non o é; é conveniente non nos conformar coa información encontrada senón comprobar cal é a fonte e se esta goza da suficiente confianza para que deamos por válida a información proporcionada.
Aínda que as vantaxes que proporciona a comunicación global son innumerables, existen algúns aspectos sobre os que convén reflexionar e será necesario mellorar, se realmente se desexa conseguir unha sociedade global.
-Aspectos positivos
1. Non monopolización da información polos medios de comunicación e maior liberdade de expresión dos ciudadanosa.
2. Gran mobilidade da información.
3. Gran cantidade de información que se pode transmitir, adquirir e procesar moi rápido.
4. Permite estar máis informado do que sucede en calquera parte do mundo.
5. Interacción que se pode establecer con outras persoas a través da rede.
-Aspectos negativos.
1. Falta de control para seleccionar a información, debido ao exceso que existe. Máis información non implica boa información, nin uso eficaz desta.
2. Se todo é de todos, os autores non sacan ningún beneficio.
3. Os países desenvolvidos son os que teñen o poder sobre os outros. A tecnoloxía non é un medio ao alcance de todo o mundo, non existe igualdade de oportunidades, polo tanto, non eliminan barreiras.
4. O ámbito sociocultural determina o acceso ás novas tecnoloxías máis que o nivel económico.