viernes, 24 de febrero de 2012

A rede internet


SERVIZOS DE INTERNET
Os máis destacados son:
  • Navegación (World Wide Web): É o servizo con máis exito, a súa tradución é arañeira de alcance mundial. A navegación en internet realízase a través de páxinas web. Cada páxina pode conter texto, imaxes, son, enlaces a outras páxinas, etc., polo que tamén se chaman páxinas de hipertexto.
  • Correo electrónico (@). Permite ao usuario recibir e enviar correos electrónicos a outros usuarios da rede situados en calquera lugar do mundo ao instante. Cada usuario necesita unha dirección de correo electrónico.
  • Transferencias de ficheiros (FTP). O FTP, permite enviar ou recibir ficheiros entre dous ordenadores conectados á rede.

  • Grupos de noticias (NEWS). News é un servizo de internet que permite o acceso aos grupos de discusión, tamén chamados grupos de noticias ou foros de discusión sobre os temas máis diversos.
  • Chat e videoconferencias (IRC). Pódense manter conversacións con outras persoas en tempo real. A comunicación pode realizarse usando só texto ou por medio de videoconferencia.
  • Outros. Comercio electrónico, ferramentas colaboradoras, servizosTelnet, Gopher, Wais, Fnger, etc.


TIPOS DE CONEXIÓNS
Existen distintas posibilidades para a conexión, pero todas van dirixidas a obter o maior ancho de banda a un prezo acequible. Os máis importantes son:
  • Liña telefónica. Utilizan o cable do teléfono tradicional, podendo ser:
  • -Líneas analóxicas. A conexión realízase utilizando un modem a 56kbps conectado á RTB.


  • -Líneas dixitais. A información envíase codificada dixitalmente, transmitíndose máis rápida. segura e eficazmente.
  • Cable. Ten características similares á ADSL pero utilízase un cable de fibra óptica,que chega ata o domicilio, para a conexión.
  • Telefonía móbil. O acceso a internet é posible a través da telefonía móbil para a conexión con teléfonos, PDA, ordenadores portátiles, etc. O inconveniente é que alcanzan velocidades baixas e as súas tarifas son elevadas.A tecnoloxía móbil evolucionou a través de diversas xeracións baseadas en distintos sistemas.
  • Vía satélite: Chega a zonas ás cales o cable non chega, e é a base da televisión interactiva dixital.
  • Rede eléctrica: Aprovéitanse lineas as eléctricas para trasmiter ao        información a alta velocidade. Este servizo elimina a instalación de novos cables ó usar un simple enchufe para a conexión.

ANCHO DE BANDA
É a velocidade de transmisión de datos

-Kbps: Kilobits por segundo.
-Mbps: Megabits por segundo.
-Gbps: Gigabits por segundo.


Aquí podes atopar máis información sobre o tema: A rede internet.

jueves, 23 de febrero de 2012

Conexión entre dispositivos móbiles.


DISPOSITIVOS MÓBILESOs avances tecnolóxicos permítennos levar connosco que non facilita levar connosco un dispositvo que nos permite facer case de todo.
Entre estes dispositivos móbiles encontranse:
  •  Ordenadores portátiles.
  • Dispositivos de man, como teléfonos móbiles, gps...
  • Dispositivos que se poden levar postos, como reloxos dixitais, sensores...
  • Dispositivos inseridos en aparatos, como vehículos, electrodomésticos...

COMPUTACIÓN MÓBIL E OBICUA
  • Chámase computación móbil á realización de tarefas informáticas mentres o usuario está en movemento ou en lugares distintos do seu ámbito habitual.
  • Computación ubicua é a integración da informática no ámbito dos usuarios utilizando dispositivos móbiles que poidan comunicarse entre eles de forma intelixente e transparente ao usuario.
TOPOS DE CONEXIÓNS INARÁMICAS
Os dispositivos móbiles necesitan de conexións inarámicas. As máis utilizadas son:
  • Redes WiFi, son redes de área local inarámica para a conexión de ordenadores.
  • Redes WiMAX, son redes de área metropolitana que permiten a conexión por banda ancha de alta velocidade.
  • Redes ad-hoc, permiten a conexión directa de dispositivos entre si, sen necesidadde dispoñer dun punto de acceso.
  • Comunicación WAP, para comunicacións inarámicas por telefonía móbil.
  • Redes por infravermellos (IR), permiten a comunicación entre dous dispositivos, visibles entre si, usando ondas infravermellas.
  • BlueTooth, utilízase para a conexión inarámica de curto alcance. Inclúese en PDA, iPod...

Adaptador USB
Para converter algúns dispositivos como PC, portátiles, impresoras, etc., en móbiles pódese usar unha tarxeta inarámica ou un adaptador USB. 


Blackberry.
É un dispositivo handheld inarámico co que se poden utilizar os servizos de correo electrónico, telefonía móbil, SMS...




Nesta páxina podes atopar máis información: Conexións entre dispositivos móbiles.

jueves, 16 de febrero de 2012

COMPARTIR RECURSOS

COMPARTIR RECURSOS EN WINDOWS
Para poder compartir recursos na rede é necesario que na configuración da rede de área local estea activada a casilla Conpartir impresoras e arquivos. Para iso, dentro de Conexión de rede, facer clic sobre conexión de área local para ver as súas propiedades.


COMPARTIR CARPETAS E DISCOS
1. Pulsar o botón dereito do rato sobre o que se vai comprimir.
2. Seleccionar Compartir e seguridade.
3. De seguido seleccionamos la opción Compartir esta carpeta.
4. Finalmente facer clic en Aplicar e Aceptar
Ó comapartir unha carpeta aparecerá baixo ela unha man. Éste o identifica.



COMPARTIR IMPRESORAS
No equipo con impresora:
1. Facer clic en Inicio e seleccionar a opción Impresoras e fax.
2. Puslar o botón dereito do rato sobre a icona da impresora e seleccionar a opción Compartir.
3. Activar a casa Compartir impresora.
4. Premer en Aplica e Aceptar
No resto de equipos:
1. Facer clic no Inicio e seleccionar a opción Impresoras e fax.
2. Facer clic sobre o enlace Agregar un impresora e iniciarase un Asistente moi sinxelo no que soamente hai que indicar o equipo da rede onde se encontra conectada a impresora a agregar.

COMPARTIR RECURSOS BAIXO DIFERENTES SISTEMAS OPERATIVOS
É posible traballar, nunha mesma rede, con equipos, que teñen diferente sistemas operativos instalados. Isto conséguese grazas á aplicación SAMBA de Linux.
  • Dende Windows, accédese aos recursos compartidos noutros equipos, con Windows ou Linux, utilizando o Ámbito de rede e navegando polos diferentes recursos.




Nesta páxina podes atopar máis información: compartir recursos.