viernes, 24 de febrero de 2012

A rede internet


SERVIZOS DE INTERNET
Os máis destacados son:
  • Navegación (World Wide Web): É o servizo con máis exito, a súa tradución é arañeira de alcance mundial. A navegación en internet realízase a través de páxinas web. Cada páxina pode conter texto, imaxes, son, enlaces a outras páxinas, etc., polo que tamén se chaman páxinas de hipertexto.
  • Correo electrónico (@). Permite ao usuario recibir e enviar correos electrónicos a outros usuarios da rede situados en calquera lugar do mundo ao instante. Cada usuario necesita unha dirección de correo electrónico.
  • Transferencias de ficheiros (FTP). O FTP, permite enviar ou recibir ficheiros entre dous ordenadores conectados á rede.

  • Grupos de noticias (NEWS). News é un servizo de internet que permite o acceso aos grupos de discusión, tamén chamados grupos de noticias ou foros de discusión sobre os temas máis diversos.
  • Chat e videoconferencias (IRC). Pódense manter conversacións con outras persoas en tempo real. A comunicación pode realizarse usando só texto ou por medio de videoconferencia.
  • Outros. Comercio electrónico, ferramentas colaboradoras, servizosTelnet, Gopher, Wais, Fnger, etc.


TIPOS DE CONEXIÓNS
Existen distintas posibilidades para a conexión, pero todas van dirixidas a obter o maior ancho de banda a un prezo acequible. Os máis importantes son:
  • Liña telefónica. Utilizan o cable do teléfono tradicional, podendo ser:
  • -Líneas analóxicas. A conexión realízase utilizando un modem a 56kbps conectado á RTB.


  • -Líneas dixitais. A información envíase codificada dixitalmente, transmitíndose máis rápida. segura e eficazmente.
  • Cable. Ten características similares á ADSL pero utilízase un cable de fibra óptica,que chega ata o domicilio, para a conexión.
  • Telefonía móbil. O acceso a internet é posible a través da telefonía móbil para a conexión con teléfonos, PDA, ordenadores portátiles, etc. O inconveniente é que alcanzan velocidades baixas e as súas tarifas son elevadas.A tecnoloxía móbil evolucionou a través de diversas xeracións baseadas en distintos sistemas.
  • Vía satélite: Chega a zonas ás cales o cable non chega, e é a base da televisión interactiva dixital.
  • Rede eléctrica: Aprovéitanse lineas as eléctricas para trasmiter ao        información a alta velocidade. Este servizo elimina a instalación de novos cables ó usar un simple enchufe para a conexión.

ANCHO DE BANDA
É a velocidade de transmisión de datos

-Kbps: Kilobits por segundo.
-Mbps: Megabits por segundo.
-Gbps: Gigabits por segundo.


Aquí podes atopar máis información sobre o tema: A rede internet.

No hay comentarios:

Publicar un comentario