CONCEPTOS BÁSICOS SOBRE OS BLOGS Os blogs son actualmente un medio de opinión, utilizado por infinidade de persoas, con distintos obxectivos: manifestar a súa opinión acerca de temas políticos, comunicar un sentimento, informar sobre un tema concreto, etc.Un weblog é un sitio web que permite a unha persoa ou a un grupo, poñer as súas opinións a disposición de todos os usuarios de internet, así como o intercambio de opinións entre aqueles usuarios que o autor de web desexe.
Algunhas das características dos blogs son:- Unha entrada é cada un dos artigos que publica o autor ou autores do blog. Os artigos publicados polos convidados ao blog denomínanse comentarios.- A publicación dos comentarios realízase a través dun formulario, sempre que o autor do blog o permita.- As entradas e comentarios publicados nun blog están ordenados cronoloxicamente.- Nun blog adoita haber enlaces aos comentarios ou entradas anteriores. Tamén conteñen unha lista de enlaces a outro blog recomendados, que se adoita denominar blogroll.- Todos os blog conteñen unha lista de amigos, aos que autor autoriza a publicar comentarios.- Ademais de texto, é posible incluír imaxes e vídeos.
entrada blog |
COMO CREAR UN BLOG
Para crear un blog é necesario conectarse á páxina dalgúns dos servidores que ofrecen esta posibilidade de forma gratuíta. O que imos utilizar para desenvolver a explicación é La Coctelera, cuxa dirección é www.lacoctelera.com.
Unha vez na páxina de La Coctelera, débense realizar os seguintes pasos:
1. Facer clic sobre o enlace Crear o teu blog.
2. Completar o formulario cos datos que se solicitan.
O nome que se escriba no campo Nome de usuario, será que posteriormente se utilice para acceder ao blog. Así, a dirección web do blog creado, será www.lacoctelera.com/nombre_de_usuario.
O contrasinal permitirá publicar as diferentes entradas e xestionar as opcións de configuración do blog.
3. Activar a casa verificación He lido e acepto as Condicións de servizos.
4. Facer clic sobre o enlace Continuar.
5. Seleccionar a aparencia que se desexa dar ao blog, activando o botón de opción correspondente a un dos equipos
la coctelera |
O TÍTULO DO BLOG E O PRIMEIRO ARTÍCULO
Mentrasa se crea o blog e ó facer clic sobre o enlace Publica a túa primeira historia, mostrarase unha páxina nova na que é posible intriducir a información básica: o título do blog, información sobre o autor, artigos novos, etc.
Para iso tendremos que :
1. Facer clic sobre o cadro título, para introducir o texto que figurará na cabeceira do blog e unha breve descrición do seu contido.2. Facer clic sobre en enlace Guardar.3. Facer clic sobre o cadro Sobre o meu e escribir unhas liñas acerca do autor.
4. Facer clic sobre o enlace gardar.
5. Facer clic sobre o cadro Novo artigo e escribir o primeiro artigo que se publicará no blog.
6. Facer clic sobre o enlace Publicar. Se non rematamos de escribir o artigo e quixeramos continualo máis tarde, faremos clic sobre o botón Guardar borrador.
entrada primeira blog |
TEN EN CONTA
Algúns servidores donde albergar un blog gratuitamente son:
www.blogger.com
www.tublog.es
www.lacoctelera.com
www.tublog.es |
Para darse a coñecer
Unha vez creado o blog e antes de crear a primeira entrada, o servidor permite enviar unha mensaxe de correo electrónico aos amigos co fin de dar difusión ao novo blog.
TEN EN CONTA
En calquera momento poderemos visualizar o contido do blog, facendo clic sobre o enlace Ver o meu blog.
No hay comentarios:
Publicar un comentario