martes, 24 de enero de 2012

Configuración dunha rede.

CONFIGURACIÓN


Instalados os elementos que compoñen unha rede, o seguinte será configurar os equipos para que a rede funcione.
Windows detecta e configura a rede ao instalarse automaticamente.
Non obstante, en calquera momento se pode modificar ou verificar esta configuración. Para iso desenvólvense os seguintes pasos:

windows

1. Entrar no menú Inicio.
2. Facer clic na icona Meus sitios de rede. Aparecerá unha icona que nos informa sobre a rede de área local.
3. Premer sobre a icona e seleccionar Propiedades.
4. Facer dobre clic sobre Protocolo internet (TCP/IP)
Seguidos estes pasos aparecerá o cadro de diálogo coas propiedades da conexión de área local, onde se pode configurar parámetros referentes á rede:
-Nomes do equipo.
-Grupo de traballo.
-Máscara de subrede.
-Porta de enlace.
-DNS.

IDENTIFICAR NA REDE


Cada equipo que pertence a unha rede debe ter un Nome distinto.
Á súa vez, estes deben pertencer a un grupo de traballo que identifica á rede..
Exemplos:

Grupo de traballo:
CASA

Nomes dos equipos:
PC Goyi
PC Alberto
PC Portátil

COMPROBAR O FUNCIONAMENTO DA REDE


Windows
1. Abrir Inicio e facer clic en Meus sitios de rede.
2. Para ver todos os ordenadores da rede, facer clic en Ver equipos do grupo de traballo.


CONECTARSE A UNHA REDE WIFI DENDE UN EQUIPO



Un equipo WIFI conéctase automaticamente á rede que haxa ao seu alcance.
Facendo clic na icona é posible elixir entre unha das redes inarámicas dispoñibles tendo en conta que algunhas requiren contrasinal.

CONOCER A DIRECCIÓN IP


Para coñecer a direccion IP que ten asignada un equipo da rede, executar o comando:
-Ifconfig se é baixo Linux
-Ipconfig se é baixo Windows.

PING

Serve para verificar a correcta conexión con outros dispositivos. Pingenvía paquetes de datos ao dispositivo especificado por unha dirección IP.
Hai que verificar se os paquetes son entregados ou non.



Nesta páxina tamén podes encontrar información: Configuración dunha rede

No hay comentarios:

Publicar un comentario