jueves, 26 de enero de 2012

XESTIÓN DE USUARIOS E PERMISOS

CREACIÓN DE GRUPOS DE USUARIOS
Windows é unha sistema multiusuario. Isto permite que varias persoas poidan utilizar o ordenador para as súas tarefas.
O sistema operativo xestiona a información asignando contas aos distintos usuarios. Dependendo do tipo de usuario permitirate acceder ou non.

IDENTIFICACIÓN

Para entrar nun sistema operativo multiusuario solicítase un nome de usuario (login) e un contrasinal (password)
Introducidos estes datos, permiten o acceso.

TIPOS DE USUARIOS
  • Administrador ou root. Encárgase da configuración e mantemento do sistema. Ten acceso e privilexio sobre todos os recursos. Pode instalar ou desinstalar programas ou hardware, xestionar aos usuarios, etc.
  • Usuario. É quen utiliza o sistema e ten acceso ós recursos permitidos. Non pode cambiar a configuración nin eliminar archivos esenciales.
  • Grupo. Os usuarios asócianse en forma de grupos para facilitar certas tarefas como compartir recursos.

XESTIÓN DE CONTAS

As contas dos usuarios xestiónanse dende Contas de usuarios no Panel de control.
Pódese crear novas contas, modificar ou eliminar as existentes, etc.




ESPACIO DE TRABALLO


Ó espazo de traballo dun usuario chámaselle Conta de usuario. A cada conta asígnaselle un directorio específico no disco duro onde almacena toda a información de cada usuario, os seus documentos, favoritos, personalización do escritorio, etc.




ADXUDICACIÓN DE PERMISOS EN WINDOWS

-Para definir, ver, cambiar o quitar archivos y carpetas:

1. Facer clic co botón dereito do rato no arquivo ou carpeta e seleccionar Propiedades.
2. Seleccionar a pestana Seguridade. Móstrase un listado de todos os grupos ou usuarios que teñen dereitos sobre o obxecto.
3. Utilizar o botón Quitar para eliminar os usuario que non terán acceso, ou ben Agregar para engadir novos usuarios.
4. Ao seleccionar un grupo ou usuarios móstranse os Permisos de usuarios de que dispoñen podendo permitirse ou denegar cada un deles.

-Se na ventá Propiedades non se mostra a pestana Seguridade:
1. Facer clic en Inicio.
2. Entrar no Panel de control.
3. Seleccionar Aparencia e temas.
4. Entrar en Opcións de carpeta.
5. Na pestana Ver, desactivar a casa Utilizar uso compartido simple de arquivos, que se encontra no apartado Configuración avanzada.





Nesta páxina podes atopar máis información: Xestión de usuarios e permisos



No hay comentarios:

Publicar un comentario