martes, 10 de abril de 2012

6. Historia de internet.

Internet: unha rede de redes.
Nunha primeira aproximación poderiamos dicir que intenet é unha rede mundial de redes de ordenadores, que permite a estes comunicarse en forma directa compartindo información e servizos ao longo da maior parte do mundo.
Cada ordenador que forma parte dunha rede conectada a internet pode comunicarse con calquera outro, con tal de que este ultimo tamén pertenza a internet. Para que esta comunicación sexa posible, é necesaria a existencia dun protocolo, que non é outra cousa que un conxunto de conversacións que determina como se realiza o intercambio de datos entre dous ordenadores ou programas.
Os protocolos usados por todas as redes que forman parte de internet chámanse abreviadamente TCP/IP, siglas que corresponden ao protocolo de control de transmisión (Transmisión Control Protocolo) ao protocolo de internet (Internet Protocol).


No Centro Europeo de Investigacións Nucleares (CERN), Tim Berners Lee dirixía a busca dun sistema de almacenamento e recuperación de datos. Berners Lee retomou a idea de Ted Nelson (un proxecto chamado "Xanadú" ) de usar hipervínculos. Robert Caillau quen cooperou co proxecto, canta que en 1990 deciden poñerlle un nome ao sistema e o llamarón World Wide Web (WWW) ou arañeira mundial.


A nova formula permitía vincular información en forma lóxica eatravés das redes. O contido programábase nunha linguaxe de hipertexto con "etíquetas" que asignaba unha función a cada parte do contido. Logo, un programa de computación, un intérprete, eran capaz de ler esas etiquetas para despeglar a información. Ese interprete sería coñecido como "navegador" ou "browser".

Novas posibilidades que ofrece internet.
As posibilidades que ofrece a rede de redes en relación coa comunicación e o intercambio de información son innumerables; cada día establécense novos sistemas e créanse novas ferramentas que facilitan a comunicación entre os usuarios de internet. Entre todas estas posibilidades, ademais das directamente relacionadas coa comunicación, cabe destacar algunhas outras de grande interese en diversos campos, como poden ser a medicina, a economía ou a investigación:
-Internet é un enorme almacén de información, que se pode conseguir de xeito case instantáneo. Aínda que se fai necesario distinguir entre a información válida e veráz da que non o é.

- A rede hoxe en día é un gran mercado. Un espazo inmellorable para a actividade económica. A través de internet, podemos comprar e vender todo tipo de produtos (un billete de avión, accións dunha grande empresa, obxectos de segunda man, etc.).
- As culturas e sectores minoritarios teñen a oportunidade de utilizar a rede para o seu dufusión. Unha das maiores vantaxes de como está contruido internet é a oportunidade que ofrece á diversidade para crear o seu propio espazo, as súas canles de comunicación, os seus mecanismos de difusión e distribución da información.
- A posibilidade de que un equipo de medicos poida discutir en tempo real, a través de internet, o diagnóstico dun paciente en situación de risco e mesmo analizar as súas radiografías e dirixir unha operación a miles de quilómetros de distancia.
- Os investigadores e entidades participantes no Poryecto Genoma Humano poden trasferir as súas enormes bases de datos máis rapidamente sobre internet.
- Os astrónomos tamén poden compartir datos de telescopio localizados en diferentes partes do mundo.

NACEMENTO E EVOLUCIÓN DE INTERNET

1966
Durante a Gerra Fría, e baixo o control de Departamento de Defensa dos EUA, comeza a desenvolverse o proxecto ARPANET. O seu obxectivo era idear un sistema mediante o que, no hipotético caso dun ataque da UNIÓN DE REPÚBLICAS SOCIALISTAS SOVIÉTICAS, se puideran tenet acceso á información militar dende culquier punto do país. A solución era uan rede composta de ordenadores na que todos os nodos tivesen a mesma importancia, de forma que a desaparición dun ou varios deles non afectase ao tráfico entre os outros.

1969
Semanas antes de que o ser humano chegase á Lúa, conectáronse catro ordenadores, creando a primeira rede ARPANET.

1972
Presentáronse publicamente os resultados obtidos. Incorpóranse máis ordenadores á rede ARPANET eran pagadas polo goberno de EUA e restrinxíronse a sitios militares, universidades e algunhas grandes compañías que financiaban proxectos de investigación ouprporcionaban servizos.
Os primeiros servizos que brindou a rede ARPANET foron o acceso a ordenadores remotos (Telnet), a tranferencia de arquivos e a impresión remota. Tamén apareceu o primeiro programa de correo electrónico, que pronto se convirtio nunha das aplicacións máis utilizadas.

1983
Establécese o protocolo TCP/IP como protocolo estándar que utilizarían todas as redes conectadas a ARPANET forma unha rede independente MILNET, reservando a primeira para fins de investigación.
Poderíase considerar este momento como o nacemento de internet. O número de ordenadores interconectados era 500.

1989
Desaparece ARPANET, pero xa se establecera unha maia mundial entre moitas institucións que crearan as súas propias redes que podían comunicarse entre si. O número de ordenadores conectados superaban os 100000.
Tim Berners-Lee, investigador de CERNdesarolla un sistema de comunicación baseado no hipertexto, coa intención de facilitar o fluxo de información entre os científicos. Créanse o protocolo http e a linguaxe html. Este sistema sería a orixe da World Wide Web.

1992
O nacemento do número de usuarios e o volume de información dispoñible facía difícil encontrar unha información concreta, sen dispoñer dun mapa ou sistema de organización desta. Así, apareceron os primeiros sistemas que permitían obter unha lista de direccións, como son Archie ou Gopers.

No hay comentarios:

Publicar un comentario