jueves, 14 de junio de 2012

Traballo colavorativo. BSCW e RSS

BSCW

BSCW (basic suport for collaborative work:soporte básico para traballo colaborativo), é unha ferramenta que permite crear na web un espazo de traballo compartido, onde poder desenvolver e manter almacenados proxectos de forma totalmente fiable e segura, dende distintas plataformas (Windows, Linux, Unix...)

Algunhas das vantaxes que ofrecen os BSCW son:

- Permite crear zonas de traballo entre persoas situadas en distintas partes do mundo.
- As tareasa de traballo teñen restrinxido o acceso unicamente aos mienbrosrexistrados.
- Os documentos publicados nas áreas de traballo encóntranse dispoñibles en calquera momento e para calquera usuario, posto que se encontran almacenados no servidor e non nos ordenadores locais.
- A información contida no BSCW podese leer e modificar. Para poder utilizar BSCW requíreseunicamente dispoñer dunha direccion de correo electronico POP3 para rexistrarse como usuario, un navegador de internet e ser invitado por uungrupo de traballo para participar nel. Xeralmente, os espazos BSCW utilízanse en foros iniversitarios ou de investigacion.Para iniciarse no manexo dos BSCW, rede iris ofrece un ecceso público a un deles. Para acceder a el, teremos que:

1. Abrir o navegador e conectar coa direccion:

http//cvu.rediris.es/pub/bscw.cgi/0/21

2. Facer clic sobre unha das carpetas, por exemplo, aprendizaxe, e sobre o nome dun dos documentos que se mostraran dentro, para viisualizarlo.En cada unha das areas de traballo, e dependendo do software utilizado para o seucreacion, dispoñeremos de botóns para realizar as operacións básicas, como editar un documento, modificalo, volver publicalo, crear unha carpeta, etc.

RSS

RSS son as siglas de Really Simple Syndication, o que poderiamos traducis o castelan como redifusion web, e consiste en publicar articulos simultaneamente en diferentes medios a traveso dunha fonte común; é dicir, é unha forma de ofrecer os contenidos para que calqueira que desee incluilos nas sua páxinas web lles resulte máis fácil. Un exemplo disto son os titulares da noticia que muitos medios de comunicación ofrecen gretuitamente e que se actualizan de forma automatica, facendo posible que se mostre na páxina web ou no escritorio a información actualizada no tempo real.

Polo tanto, RSS é un formato de documento dun sitio web, de forma totalmente transparente para o usuario. Para leer este tipo de documento requirese programas especiais denominados RSS readers, pero que actualmente encontranse incluidos en todos os navegadores web.

Existen moitas empresas que ofrecen a posibilidade de incluir nas paxinas web, e de forma gratuita, os seus propios titulares de noticias. Por exemplo, para incluir os titulares do diario El Pais, debense realizar os seguintes pasos:

1. Abrir o navegador e conectar coa dirección:

http://www.elpais.com/rss/index.html

2. Facer clic sobre unha das categorias de noticias que se mostran na parte central.Por exemplo, España
3. Seleccionar a opción Na sua propia paxina, do menu que aparece
4. Completar o formulario para darse de alta como usuario dos titulares.
5. Facer clic sobre Continuar
6. Seleccionar o formato co que se incluiran, o tamaño da ventana e o numero de titulares.
7. Cando hayamos seleccionado o formato mais apropiado para a paxina web na que se incluiran os titulares, tendremos que facer clic sobre Enviar codigo.

A forma de incluir o código necesario para que se mostren os titulares na paxina web é a seguinte:

8. Abrir a conta de correo que se utilizou para rexistrarse.
9. Abrir a mensaxe recibida, cuyo asunto sera Titulares en su web de ELPAIS.com
10. Abrir o ficheiro codigo titulares.txt
11. Visualizar o código fonte se non se houbese aberto con un editor de texto
12. Copiar dito código e pegalo na páxina web na que se desea incluir.
13. Gardar e publicar a páxina, para comprobar que funciona correctamente e que os titulares se actualizan en tempo real.


martes, 12 de junio de 2012

Blogs


CONCEPTOS BÁSICOS SOBRE OS BLOGS Os blogs son actualmente un medio de opinión, utilizado por infinidade de persoas, con distintos obxectivos: manifestar a súa opinión acerca de temas políticos, comunicar un sentimento, informar sobre un tema concreto, etc.Un weblog é un sitio web que permite a unha persoa ou a un grupo, poñer as súas opinións a disposición de todos os usuarios de internet, así como o intercambio de opinións entre aqueles usuarios que o autor de web desexe.

Algunhas das características dos blogs son:- Unha entrada é cada un dos artigos que publica o autor ou autores do blog. Os artigos publicados polos convidados ao blog denomínanse comentarios.- A publicación dos comentarios realízase a través dun formulario, sempre que o autor do blog o permita.- As entradas e comentarios publicados nun blog están ordenados cronoloxicamente.- Nun blog adoita haber enlaces aos comentarios ou entradas anteriores. Tamén conteñen unha lista de enlaces a outro blog recomendados, que se adoita denominar blogroll.- Todos os blog conteñen unha lista de amigos, aos que autor autoriza a publicar comentarios.- Ademais de texto, é posible incluír imaxes e vídeos.




entrada blog






COMO CREAR UN BLOG
Para crear un blog é necesario conectarse á páxina dalgúns dos servidores que ofrecen esta posibilidade de forma gratuíta. O que imos utilizar para desenvolver a explicación é La Coctelera, cuxa dirección é www.lacoctelera.com.


Unha vez na páxina de La Coctelera, débense realizar os seguintes pasos:
1. Facer clic sobre o enlace Crear o teu blog.
2. Completar o formulario cos datos que se solicitan.
O nome que se escriba no campo Nome de usuario, será que posteriormente se utilice para acceder ao blog. Así, a dirección web do blog creado, será www.lacoctelera.com/nombre_de_usuario.
O contrasinal permitirá publicar as diferentes entradas e xestionar as opcións de configuración do blog.
3. Activar a casa verificación He lido e acepto as Condicións de servizos.
4. Facer clic sobre o enlace Continuar.
5. Seleccionar a aparencia que se desexa dar ao blog, activando o botón de opción correspondente a un dos equipos


la coctelera

O TÍTULO DO BLOG E O PRIMEIRO ARTÍCULO
Mentrasa se crea o blog e ó facer clic sobre o enlace Publica a túa primeira historia, mostrarase unha páxina nova na que é posible intriducir a información básica: o título do blog, información sobre o autor, artigos novos, etc. 
Para iso tendremos que :
1. Facer clic sobre o cadro título, para introducir o texto que figurará na cabeceira do blog e unha breve descrición do seu contido.2. Facer clic sobre en enlace Guardar.3. Facer clic sobre o cadro Sobre o meu e escribir unhas liñas acerca do autor.
4. Facer clic sobre o enlace gardar.
5. Facer clic sobre o cadro Novo artigo e escribir o primeiro artigo que se publicará no blog.
6. Facer clic sobre o enlace Publicar. Se non rematamos de escribir o artigo e quixeramos continualo máis tarde, faremos clic sobre o botón Guardar borrador.


entrada primeira blog






TEN EN CONTA
Algúns servidores donde albergar un blog gratuitamente son:
www.blogger.com
www.tublog.es
www.lacoctelera.com






www.tublog.es




Para darse a coñecer

Unha vez creado o blog e antes de crear a primeira entrada, o servidor permite enviar unha mensaxe de correo electrónico aos amigos co fin de dar difusión ao novo blog.

TEN EN CONTA 

En calquera momento poderemos visualizar o contido do blog, facendo clic sobre o enlace Ver o meu blog.

viernes, 8 de junio de 2012

Traballo colaborativo. Wikis


FERRAMENTAS COLABORATIVAS
Normalmente, a idea que se ten de internet é a de ser unha gran fonte deinformacion na que se pode encontrar todo tipo de documentos. As xa coñecidas ferramentas, como o correo electronico, os chats t os grupos denotocoas permiten intercambiar arquivos e opinións, aínda que o uso que se veu facendo de elllas dende a popularizacion de internet estivo anfocadomais cara ao ámbito lúdico que cara a ao laboral.

Sim enbargo, as novas ferramentas que xurdiron na rede estan enfocadas árealizacion dun traballo concreto e, especialmente, un traballo quer implica a participacion e colaboracion de multiples persoas.

Entre as novas ferramentas, que permiten o traballo colaborador encóntranse os wikis, os blogs, os BSCW e os RSS.

WIKIOs wikis costituyen unha das formas de colaboracion mais novidosas que ofrece internet. Un wiki é un sitio web que se constitúe a partir do traballo de moitos autores. Basicamente consiste nunha coleccion de paxinas web, que poden ser visitadas ou editar calquera persoa, sen pasar por ninguntipo de revision ou censura previa.
O primeiro WikiWeb foi creado por Ward Cunningham en 1995, quen deu nome ao concepto wiki e creo o primeiro servidor wiki. Máis tarde, en 2001, se inicio o proxecto Wikipedia, consistente na creación dunha enciclopedia virtual, que, hoxe en dia, é o wiki mais grande que existe en version inglesa e que se encontra en mais de 90 idiomas.
Un dos principais problemas dos wikis é o vandalismo, que consiste en introducir erros, incluír contidos inapropiados ou ofensivos, agregar publicidade, facer proselitismo, incluír material que viola os dereitos do autor, ou incumprir as normas de wiki.
Para soilucionar os problemas de vandalismo, pódense tomar algunhas medidas como son:bloquear temporalmente o vándalo a traves do seu nome de usuario ou o seu direccion IP, bloquear paxínaa na que se estanproducindo os feitos e en caso de extrema gravidade, bloquear toda a base de datos.


CÓMO CREAR UN WIKI.
Existen varios servidores que ofrecen a posibilidade de crear un wiki de forma gratuíta, auque moitos  estan en ingua inglesa.
En todos eles, a forma de proceder é similar e en todo caso está perfectamente indicada. Aquí, crearemos un wiki a traves de wikispace.com, para iso teremos que:


1. Abrir o navegador e conectar coa dirección web www.wikispaces,com.

2. Completar o cadro Join now, cun nome de usuario, un contrasinal, unha dirección de correo e nome para o wiki.
3. Facer clic sobre o botón Join.
4. Completar de novo o contrasinal.
5. Activar o botón de opción Public, para que calquera usuario que o desexe poida completar a información do wiki.
6. Facer clic sobre o botón Join.
wiki creouse. Para acceder a el e completar a páxina inicial e o resto que información que se desexe incluír, se debe:
7. Escribir a dirección na barra de direccións do navegador (nombre.wikispaces.com).
8. Facer clic sobre o botón Edit this page.
9. Completar o contido da páxina utilizando os botóns que se mostran na parte superior da ventá do editor.
10. Cando se finalice débese facer clic sobre o botón Save.

WIKIS E BLOGS.

A diferenza entre os wikis e os blog é que, no primeiro caso, se trata dun sitio web construído en colaboración por todas aquelas persoas que desexen participar, co obxectivo de crear un lugar de coñecemento, mentres que os blog son creados por unha persoa, neles publícanse artigos e opinións, censurados polo autor, sen un obxectivo final.

TEU WIKI.
A ontinuación enuméranse algúns servidores que permiten crear wiks:
-Pwwiki.org (www.pwwiki.com)
-xwiki (www.xwiki.com)
-wetpain (www.wetpain.com)
-Wikispaces (www.wikispaces.com)
-SeedWiki (sedwiki.com)
-JotSpot (www.jot.com)
-EcoWiki (www.ecowiki.org)





viernes, 4 de mayo de 2012

A sociedade da información.



ALFABETIZACIÓN DIXITAL
A aparición das novas tecnoloxías da información e á comunicación supuxo a creación, en breve espazo de tempo, da telefonía móbil. Con eles apareceron novas linguaxes e novas formas de comunicar,
A alfabetización dixital consiste na aprendizaxe dos coñecementos necesarios para entender e utilizar axeitadamente as tecnoloxías e as linguaxes imprescindibles para vivir na sociedade da información.
Trátase en definitiva de estar capacitado para responder criticamente aos estímulos e esixencias dun ámbito cada vez máis complexo, con gran variedade de fontes, medios de comunicación e servizos.

ASPECTOS POSITIVOS E NEGATIVOS DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓNAs tecnoloxías da información e a comunicación están a influír en todos os aspectos da vida e da organización social. O seu dominio esténdese a todos os campos da actividade humana, como a creación e organización de emprego, a relación entre as persoas, a distribución do poder na sociedade, a forma de adquisición do coñecemento e de percepción da realidade, etc.É evidente que a sociedade da información proporciona múltiples vantaxes facilitando o acceso á información e simplificando un gran número de tarefas que, sen a utilización das novas tecnoloxías, se converterían en tarefas realmente tediosas. Non obstante, é conveniente deterse un momento nos inconvenientes e os prexuízos que o abuso destas tecnoloxías poden levar.


-A importancia da variedade da información
A posibilidade de conseguir máis información favorece o estudo e a investigación, pero o feito de que haxa máis non asegura o éxito, pois é moi difícil separar o bo do que non serve. Pódese ter a sensación de que se está informado de todo e ao instante, e, non obstante, ter unha visión totalmente deformada da realidade.
-Do alfabetismo informático ao analfabetismo verbal.

É unha evidencia, que se vén poñendo de manifesto ano tras ano, que a capacidade de comprensión lectora estase a debilitar de forma xeral, non só porque os mozos len cada vez menos libros, senón porque aumenta a lectura de mensaxes breves e fraccionadas, como os que producen a navegación por internet, os chat ou o correo electrónico. Así a alfabetización informática podería vir acompañada dun crecente analfabetismo verbal, unha maior dificultade en construír frases completas e, polo tanto, dificultades de expresión, con todas as implicacións que iso pode levar consigo.
-Deterioro de algunhas habilidades
Fai séculoscando os brazos e ás mans comezaron a usarse para agarrar, trepar, tirar obxectos como pedras e frechas, producíronse cambios na estrutura do cerebelo e do sistema nervioso dos seres humanos, que desenvolveron novos patróns de pensamentoSen embargo, a evidencia dos cambios ou dános ou desenvolvemento cerebral que poden producir ás novas tecnoloxías só estanse facendo patentes anos ou décadas despois do seu uso intensivo. É o caso dos teléfonos móbiles, cuxos posibles danos están a ser documentados unha década despois de iniciarse o seu uso masivo.

TEN EN CONTA
internet é unha fonte inesgotable de información, pero é necesario ser capaz de discenir entre a información veraz, da que non o é; é conveniente non nos conformar coa información encontrada senón comprobar cal é a fonte e se esta goza da suficiente confianza para que deamos por válida a información proporcionada.

GLOBALIZACIÓN DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN
Aínda que as vantaxes que proporciona a comunicación global son innumerables, existen algúns aspectos sobre os que convén reflexionar e será necesario mellorar, se realmente se desexa conseguir unha sociedade global.
-Aspectos positivos
1. Non monopolización da información polos medios de comunicación e maior liberdade de expresión dos ciudadanosa.
2. Gran mobilidade da información.
3. Gran cantidade de información que se pode transmitir, adquirir e procesar moi rápido.
4. Permite estar máis informado do que sucede en calquera parte do mundo.
5. Interacción que se pode establecer con outras persoas a través da rede.
-Aspectos negativos.
1. Falta de control para seleccionar a información, debido ao exceso que existe. Máis información non implica boa información, nin uso eficaz desta.
2. Se todo é de todos, os autores non sacan ningún beneficio.
3. Os países desenvolvidos son os que teñen o poder sobre os outros. A tecnoloxía non é un medio ao alcance de todo o mundo, non existe igualdade de oportunidades, polo tanto, non eliminan barreiras.



4. O ámbito sociocultural determina o acceso ás novas tecnoloxías máis que o nivel económico.

viernes, 20 de abril de 2012

Fundamento teórico de internet

POTROCOLO DE COMUNICACIÓN PAQUETES, TECP/IP Internet permite coñecer ordenadores de todo o mundo independentemente do sistema operativo que utilicen e a subrede á que pertenzan. Para que isto sexa posible, é necesario dispoñer dun protocolo común e único, de forma todos os ordenadores poden interpretar e entender correctamente toda a información que circula entre eles. O protocolo que utilizan os equipos conectados a internet é o protocolo TCP/IP. O protocolo TCP/IP (Transmisión Control Protocol/ Internet Protocol) en realidade é un sistema de protocolos. O primeiro, TCP, baséase en dividir en paquetes, na orixe, a información que se envía a través da rede; estes paquetes viaxarán por diferentes camiños ata chegar ao seu destino e recompoñerse de novo. O segundo, IP, dirixe a información axeitadamente a través de internet.



QUE É UN HOST O termo host utilízase para referirse a un ordenador cuxa función é servir de punto de inicio e final das transferencias de datos a través de internet, é dicir, un ordenador que se encunetrapermanentemente conectado a internet e a través do que acceden todos os que se encontran conectados a el. Tamén, utilízase o termo host para referirse ao ordenador no que reside un sitio web.



DIRECCIÓN IP
Cada ordenador conectado a internet ten unha dirección exclusiva que o distingue de calquera outro ordenador no mundo. Esta dirección está formada por catro números separados por puntos, cada uns dos cales pode tomar valores de 0 a 255. Por exemplo, ossigientes números poderían ser direccións IP váñidas: 130.238.44.5,199.22.124.12 y 148.73. 58.20.
En ocasións faise unha distinción entre a dirección IP pública e privada. A dirección IP pública é a que se utiliza para identificar o equipo en internet cando se navega, descárgase o correop, ou faise uso de calquera dos servizos que proporciona a rede. A dirección IPprivada é a que ten asignado o noso ordenador. Habitualmente estas direccións coinciden, non obstante nos casos en que a conexión a internet se produce a través dunha rede privada, usando un router, a dirección IP pública poderá ser a do router e a privada será a que identifica o ordenador na rede.


COMO DESCUBRIR A DIRECCIÓN IP
Para coñecer a dirección IP dun equipo conectado a internet que utiliza o sistema operativo windows débense realizar os seguintes pasos:
1. Facer clic sobre o botón Inicio.
2. Seleccionar as opcións Todos os programas, Accesorios e Símbolos do sistema.
3. Escribir o comando ipconfig e pulsar Intro.

O SISTEMA DE NOMES DE DOMINIO, DNS
Inicialmente o número de ordenadores conectados a internet era limitado, polo que abondaba unha simple táboa para asociar o equipo coa súa dirección IP. O número de usuario foi crecendo exponencialmente, de modo que recordar as direccións IP de cada un deles volveuse imposible.
Para solucionar este problema e facilitar o uso de internet aos usuarios asignáronse nomes aos ordenadores conectados á rede, de forma que resultase innecesario recordar as súas direccións IP. Así, creouse o Sistema de Nome de Dominio (DNS) que permitía identificar os ordenadores mediante un sistema xerárquico de nomes sinxelos de recordar, e que indican a súa situación xeográfica ou o propósito ao que están destinados.
Por exemplo, o nome ficticio pitagoras.mat.iesmm.es, podería corresponder ao ordenador pitagoras, do departamento de matemáticas (subdominio mat) do IES María Moliner (subdominio iesmm), pertencente ao dominio principal é, que significa España.
Os servidores de nomes de dominio son ordenadores que teñen a función de relacionar o nome de dominio do ordenador do que solicita información coa súa dirección IP e viceversa, a dirección IP con nome de dominio. Para iso, os servidores de nome de dominio non dispoñen de bases de datos ligadas entre si, coma se se tratase dunha base de datos única.

Non obstante, o anterior sistema de táboas de conversión esixía unha actualización manual das táboas para a totalidade dos equipos en caso de incluír ou modificar o nome dunha máquina. Polo tanto, co aumento en tamaño das redes e as súas interconexións, foi necesario implementar un sistema de xestión para os nomes que fora xerárquico e doado de administrar. O sistema chamado Sistema de Nomes de Dominio (DNS) foi desenvolvido en novembro de 1983 porPaul Mockapetris (RFC 882 e RFC 883) e logo revisado en 1987 nas RFC 1034 e 1035. O DNS foi sometido a varias RFC.

Este sistema ofrece:
un espazo de nome xerárquico que permite garantir a singularidade dun nome nunha estrutura arbórea, como por exemplo sistemas de arquivo Unix.
un sistema de servidores de distribución que permite que o espazo de nome estea dispoñible.
un sistema de cliente que permite "resolver" nomes de dominio, é dicir, interrogar os servidores para encontrar a dirección IP que corresponde a un nome.

LOCALIZACIÓN UNIFORME DE RECURSOS
URL (Uniforme Resource Locator) é unha secuencia de carácteres que, suguiendo un formato estándar, identifica a cada un dos recursos (imaxes, documentos, vídeos, etc.) de internet, pola súa localización. En consecuencia, a dirección URL debe conter o nome de dominio do servidor no que se encontra albergado o recurso que identifica.
O formato estándar que segue un URL é:
protocolo://nombre de dominio do servidor/directorio/ficheiro.
Por exemplo, http://www.iesmariamoliner.es/certamen/elolivar.htm. fai referencia a un ficheiro, que se denomina elolivar.htm, que se encontra no sevidor www.iesmariamoliner dentro da carpeta certameliterario.





martes, 10 de abril de 2012

6. Historia de internet.

Internet: unha rede de redes.
Nunha primeira aproximación poderiamos dicir que intenet é unha rede mundial de redes de ordenadores, que permite a estes comunicarse en forma directa compartindo información e servizos ao longo da maior parte do mundo.
Cada ordenador que forma parte dunha rede conectada a internet pode comunicarse con calquera outro, con tal de que este ultimo tamén pertenza a internet. Para que esta comunicación sexa posible, é necesaria a existencia dun protocolo, que non é outra cousa que un conxunto de conversacións que determina como se realiza o intercambio de datos entre dous ordenadores ou programas.
Os protocolos usados por todas as redes que forman parte de internet chámanse abreviadamente TCP/IP, siglas que corresponden ao protocolo de control de transmisión (Transmisión Control Protocolo) ao protocolo de internet (Internet Protocol).


No Centro Europeo de Investigacións Nucleares (CERN), Tim Berners Lee dirixía a busca dun sistema de almacenamento e recuperación de datos. Berners Lee retomou a idea de Ted Nelson (un proxecto chamado "Xanadú" ) de usar hipervínculos. Robert Caillau quen cooperou co proxecto, canta que en 1990 deciden poñerlle un nome ao sistema e o llamarón World Wide Web (WWW) ou arañeira mundial.


A nova formula permitía vincular información en forma lóxica eatravés das redes. O contido programábase nunha linguaxe de hipertexto con "etíquetas" que asignaba unha función a cada parte do contido. Logo, un programa de computación, un intérprete, eran capaz de ler esas etiquetas para despeglar a información. Ese interprete sería coñecido como "navegador" ou "browser".

Novas posibilidades que ofrece internet.
As posibilidades que ofrece a rede de redes en relación coa comunicación e o intercambio de información son innumerables; cada día establécense novos sistemas e créanse novas ferramentas que facilitan a comunicación entre os usuarios de internet. Entre todas estas posibilidades, ademais das directamente relacionadas coa comunicación, cabe destacar algunhas outras de grande interese en diversos campos, como poden ser a medicina, a economía ou a investigación:
-Internet é un enorme almacén de información, que se pode conseguir de xeito case instantáneo. Aínda que se fai necesario distinguir entre a información válida e veráz da que non o é.

- A rede hoxe en día é un gran mercado. Un espazo inmellorable para a actividade económica. A través de internet, podemos comprar e vender todo tipo de produtos (un billete de avión, accións dunha grande empresa, obxectos de segunda man, etc.).
- As culturas e sectores minoritarios teñen a oportunidade de utilizar a rede para o seu dufusión. Unha das maiores vantaxes de como está contruido internet é a oportunidade que ofrece á diversidade para crear o seu propio espazo, as súas canles de comunicación, os seus mecanismos de difusión e distribución da información.
- A posibilidade de que un equipo de medicos poida discutir en tempo real, a través de internet, o diagnóstico dun paciente en situación de risco e mesmo analizar as súas radiografías e dirixir unha operación a miles de quilómetros de distancia.
- Os investigadores e entidades participantes no Poryecto Genoma Humano poden trasferir as súas enormes bases de datos máis rapidamente sobre internet.
- Os astrónomos tamén poden compartir datos de telescopio localizados en diferentes partes do mundo.

NACEMENTO E EVOLUCIÓN DE INTERNET

1966
Durante a Gerra Fría, e baixo o control de Departamento de Defensa dos EUA, comeza a desenvolverse o proxecto ARPANET. O seu obxectivo era idear un sistema mediante o que, no hipotético caso dun ataque da UNIÓN DE REPÚBLICAS SOCIALISTAS SOVIÉTICAS, se puideran tenet acceso á información militar dende culquier punto do país. A solución era uan rede composta de ordenadores na que todos os nodos tivesen a mesma importancia, de forma que a desaparición dun ou varios deles non afectase ao tráfico entre os outros.

1969
Semanas antes de que o ser humano chegase á Lúa, conectáronse catro ordenadores, creando a primeira rede ARPANET.

1972
Presentáronse publicamente os resultados obtidos. Incorpóranse máis ordenadores á rede ARPANET eran pagadas polo goberno de EUA e restrinxíronse a sitios militares, universidades e algunhas grandes compañías que financiaban proxectos de investigación ouprporcionaban servizos.
Os primeiros servizos que brindou a rede ARPANET foron o acceso a ordenadores remotos (Telnet), a tranferencia de arquivos e a impresión remota. Tamén apareceu o primeiro programa de correo electrónico, que pronto se convirtio nunha das aplicacións máis utilizadas.

1983
Establécese o protocolo TCP/IP como protocolo estándar que utilizarían todas as redes conectadas a ARPANET forma unha rede independente MILNET, reservando a primeira para fins de investigación.
Poderíase considerar este momento como o nacemento de internet. O número de ordenadores interconectados era 500.

1989
Desaparece ARPANET, pero xa se establecera unha maia mundial entre moitas institucións que crearan as súas propias redes que podían comunicarse entre si. O número de ordenadores conectados superaban os 100000.
Tim Berners-Lee, investigador de CERNdesarolla un sistema de comunicación baseado no hipertexto, coa intención de facilitar o fluxo de información entre os científicos. Créanse o protocolo http e a linguaxe html. Este sistema sería a orixe da World Wide Web.

1992
O nacemento do número de usuarios e o volume de información dispoñible facía difícil encontrar unha información concreta, sen dispoñer dun mapa ou sistema de organización desta. Así, apareceron os primeiros sistemas que permitían obter unha lista de direccións, como son Archie ou Gopers.